top of page
medical-4934010_640.jpg

covid-19

Emocionario de Confinamento 2º ESO

Unha chea de emocións!

Incertidume

Que é?

Sentimos incertidume cando non sabemos o que vai a suceder, e isto xenéranos inquedanza e desacougo.

Está ligada á emoción básica de medo, pero tamén pode votar raíces na tristeza e mesmo na ira.

Como manexar a incerteza?

  • O primeiro de todo é ACEPTAR. Aceptar as cousas como son ou como veñen evita enredarse en loitas innecesarias, e que non nos levan a ningún sitio. Pero ollo! aceptar non é resignarse!.

  • Cando aceptamos, estamos PREPARADOS PARA A ACCIÓN, mentres que a resignación produce pasividade, sensación de estar á espera ou poñernos excusas para non movilizarnos.

  • Aceptar a incertidume xenera a necesidade de aprender dos erros. E polo tanto, produce  EMPODERAMENTO. Isto é a capacidade para SENTIR que se pode DOMINAR unha situación A TRAVÉS DA ACTITUDE, en lugar de pretender facelo intentando dominar acontecementos que non están na nosa man.

incertidumbre.jpg

Como combatila?

 Estas son algunhas das estratexias básicas que deberás empregar: 

1. Aceptar as circunstancias de forma positiva e preparándonos para a acción.

2. Compartir a nosa emoción con outras persoas 

E lembra!!!

A unión reduce a incertidume!

Velaí algúns exemplos dos teus compañeiros

Samuel P.  envíanos este video e cóntanos o seguinte: 

"Escollín a actividade 3, foi un vídeo dunha canción que me enviaron e penso que nestes momentos identifícanos bastante e da ánimo para seguir".

O vídeo está realizado con imaxes de vilas e cidades galegas, e soa unha famosa canción do cantante galego Juan Pardo, "Xuntos máis fortes", cunha letra   que chegou a ser todo un himno en Galiza nos anos 80, e que aínda hoxe segue a representar para moitos galegos a forza e a unión dun pobo.

Grazas por compartilo Samu!

Medo

miedo-al-coronavirus-080138.jpg

Que é?

Sentimos medo cando nos invade unha sensación desagradable ou/e angustiosa, provocada pola presenza dun perigo real ou imaxinario.

É unha emoción básica, o que implica que é compartida por diferentes culturas. incluso polos animais. Cumpre unha función primaria que é a de advertir do perigo e alonxarse de aquilo que produce medo.

Pero lembrade que o medo non distingue entre realidade e fición, o que quere dicir que a apreciación subxectiva aumentará ou disminuirá o seu peso.

 

Boas novas! Iso significa que se pode manexar!!!!

yoconda coronavirus.jpg

Como se xestiona?

emoticonos coronavirus.jpg

  • O primeiro de todo é saber que se trata dunha emoción IMPRESCINDIBLE. Sempre vai a existir porque básicamente ten a finalidade de protexernos. A cuestion é, que ten diferentes grados e formas: pode levarnos a ser PRUDENTES, desconfiadxs ou, vivido máis intensamente, a sentir temor ou terror...  

  • O segundo é POÑERLLE CARA, coñecelo. Medo a qué concretamente?, con qué intensidade? qué o potencia? cando ven e cando se vai?...

  • Se o "coñeces" podes aprender a distinguir cando é xustificado ou froito dunha distorsión. Porque o medo é RELATIVO, depende de como o PERCIBIMOS e VIVIMOS.

  • É por último, é SUPERPEGADIZO!!! polo tanto non depende só do que sintas ti, se non tamén de cómo se perciba ao teu redor (familia, amigos, vila, cultura....) E ISTO É SUPERIMPORTANTE NO MOMENTO DE CONFINAMENTO E SOBREINFORMACIÓN QUE VIVIMOS

  • Así que... NON TE DEIXES LEVAR DEMASIADO!

E como se combate???

Unha das mellores armas é o sentido do humor

Velaí algúns exemplos

Samuel P.  comparte con nós nesta ocasión un simpático vídeo dirixido á aqueles que aínda non se están a tomar todo isto en serio.

"Quédate na casa" é o lema desta "patrulla cabrera" disposta a "turrar" con quen faga falta! 

Como ben di Paula, resistir, e facelo con esperanza e ilusion, é outra forma de afrontar os medos.

 

Esta canción do Dúo Dinámico, xa coñecida por moitas/os de vos, reflicte a importancia  de estar disposto/a a afrontar a adversidade. 

Aqui tedes un enlace á letra, convertida noutro himno máis deste confinamento historico.

Cantádea sen medo!!

Ilusión

Que é?

A ilusión é un protector emocional.

Trátase dunha emoción secundaria derivada da alegría, da satisfación, da esperanza e do desexo.

​É a esperanza de que se cumplirá algo que desexamos, e fainos sentir entusiasmo por algo que aínda non aconteceu pero o creemos probable.

A ilusión parte de:

  • Aceptación da incertidume: implica aceptar que non sabes si algo se vai a cumprir ou non, pero traballas con forza e coa esperanza de que sí. 

  • Satisfación en pequenas accións que te encaminan á consecución das túas metas.

  • Contáxiase e medra cando se comparte.

ilusión.jpg

Como se xestiona?

  • Primeiro hai que coñecer as nosas ilusions: saber como potencialas e onde atopalas. 

  • A ilusión debe ter un carácter activo, realista e contínuo. non debe confundirse coa crenza do iluso (pensar que as cousas suceden soas ou facilmente).

  • É un protector emocional na medida en que empuxa a traballar e construir positivamente un proxecto persoal de vida.

  • Implica habilidade para decidir cando non merece a pena seguir alimentándoa, e adicar os nosos esforzos nunha direción nova.

E agora as vosas aportacións!

Mirade que carta máis fermosa escribiu Samuel para o blog "noteconozcopero"

arcoiris.png

Ola:

 

Chámome Samuel, teño 13 anos, vivo nunha pequena aldea do Municipio de Baralla, na provincia de Lugo.

 

Animeime a escribir estas letras para enviar unha palabra de alento nesta situación tan difícil que nos tocou vivir. Ás veces sentímonos mal, poñémonos a pensar en todo o que está a suceder e parece que se nos cae o ánimo, pero teño seguro que desto sairemos todos. Todos xuntos e unidos, e máis fortes ca nunca.

 

Como sempre me di miña avoa, “ nunca choveu que non escampara”.

Todos xuntos RESISTIREMOS! 

 

Oxalá que cando podamos volver a abrazarnos sexa con máis FORZA, oxalá sexa pronto!!

 

Moito ánimo!!

Luís Samuel

Aburrimento

Que é?

aburrimiento-es-el-fondo-de-la-vida-y-el

O aburrimento é cansanzo do ánimo (non do corpo...). Sentimento que aparece ante a falta de estímulo ou distración que nos resulte satisfatoria. Sentimos que non hai nada interesante por facer, ver, escoitar... e incluso invádenos a sensacion de que non hai motivos -motivación- para ir á busca de algo  novo.

Pero... esa sensacion, está no certo? ou engánase? 

Vaiamos pouco a pouco e veamos por qué Unamuno di o que di.

Como recoñecelo?

O aburrimento recoñécese de inmediato! a cuestión é, que está a pasar realmente cando me aburro?

Intoxicacion-emocional.jpg

A emoción básica na que funde os seus pés é a tristeza, entendida como falta de forza ou ganas. Aburrímonos de "estar cheos" de algo que xa non nos satisface (de ver series, de ler, de enviar wasaps, de facer videochamadas, incluso de buscar qué facer...). É unha lixeira tristeza que vén tras a sensacion de telo feito xa todo!

Pero é posible telo feito todo? De sobras sabemos que non! que iso é imposible! Entón... porqué nos enganamos?

Enganámonos porque o aburrimento emprega

as seguintes estratexias:

repetirse.jpg
  • Sentímonos desmotivados: sen ganas e sen ilusión. Pero isto en realidade advírtenos de que se cadra estámonos a "repetir" máis da conta, e de que é o momento de facer algo novo, diferente... É O MOMENTO DE EXPLORAR-SE: E se pinto? e se probo a facer esta receta? E por qué non intento tocar aquela canción? Se cadra non é o momento para emprender un gran proxecto, pero sí para deixarnos de excusas e volcarnos cunha pequena tarefa. 

  • Fáltannos pequenas metas: aínda que sintas que te faltan ganas, é o momento para a aprendizaxe a través de pequenos retos. Fagas o que fagas o importante é QUE IMPLIQUE APRENDIZAXE. Entreterse está ben, tamén é necesario, pero si nos pasamos co entretemento aparecerá unha sensacion de baleiro dificil de encher. Isto é así porque as persoas necesitamos unha meta, un motivo, un propósito para darlle sentido ás nosas vidas. Non ten que ser un gran propósito, o importante é estar en el de maneira activa.

  • NO ENTRETEMENTO SOMO AXENTES PASIVOS, por iso substituír en exceso o entretemento pola necesaria aprendizaxe non é unha boa política, máis pronto ca tarde pasaranos factura, xa sabes: "pan para hoxe, fame para mañá".

  • Sentimos falta de control ante unha situación ou un contexto determinado: iso fainos sentir que non depende de nós e situámonos nunha posicion pasiva, (non podo facer nada, non hai nada que que facer...) actitudes que son o abono perfecto para o aburrimento. 

Como se xestiona?

aburrimiento_1362173825_101100415_667x97

O ABURRIMENTO PODE SER UN GRAN MESTRE,

PERO TES QUE TER PACIENCIA E SABER ESCOITALO

O que o aburrimento en realidade nos ensina é: 

  • Estás na antesala da necesidade dun cambio, ou dun momento creativo.

  • Estás ante unha oportunidade para a aprendizaxe.

  • Non intentes matar o aburrimento con entretemento: Constrúe-te!

  • Sertirse aburrido non basta para vencer o aburrimento, hai que:

 

  1. Entendelo: o aburrimento interpela a quen se aburre. É como se unha voz che dixera: que te pasa? Fai algo!!!

  2. Atreverse: está claro que necesitas algo mais... así que atrévete a explorar o qué!

E agora mirade que fixeron estes artistas aburridos de ver as cousas sempre dende o mesmo punto de vista.

 

Canta razon tiñas Unamuno!

Saturación

infoxicacion.jpg

Que é?

Sentímonos saturados/as cado estamos sobrepasados por algo.

Nestes días de confinamento esta sensación está moi extendida entre todos nós, adultos e peques. 

estres1.png

Como recoñecela?

Emocionalmente implica fatiga, a sensación de que chegamos ao límite e non podemos psicolóxicamente máis.

A "infoxicación" fai referencia á sobrecarga de información, ao punto en que xa non somos quen de asimilar constructivamente o que leemos, vemos, escoitamos...

infoxicación2.jpg
estres2.jpg

sobrecarga emocional  tamén pode darse por vivir demasiadas emocións en pouco tempo, sen marxe para procesalas unha a unha e balancear o que implican para nós. 

Como xestionala?

Estar saturado implica que os límites foron sobrepasados; polo tanto cómpre:

Identificar a causa da sobrecarga: exceso de información? tarefas incorrectamente priorizadas? demasiadas emocións?...

infoxicación3.jpg

Poñernos un límite a nós mesmos e a terceiros: apaga o móbil, reduce o aceso a información e recorre a fontes fiables.

infoxicación4.jpg

Realiza actividade física na medida do posible, e introducea nunha rutina diaria: a sobrecarga é moitas veces froito dunha incorrecta descarga física e mental. 

ejercicio.jpg

E agora as vosas aportacions da semana ao noso Emocionario de Confinamento

Paula e Samu comparten con nós as súas emocións durante estes días. Moitxs de nós sentímonos mooooi identificadxs con vos.

Grazas por compartir e moito, moito ánimo!

diario de un confinamiento.jpg

Ola.

Esa sensación de que o tempo pasa lentamente estes días para ti? Das voltas pola casa sen saber xa que facer? Tes a sensación de que non hai nada interesante que facer ou de que xa o fiches todo? A min non me pasa por iso escollín a outra sensación a de  saturación.

 

Estou saturada, sí,  de traballos e tarefas  dos profes,  moitas veces mandan demasiado sen pensar que tamén hai doutras asignaturas, ou tamén que cada un manda dende unha plataforma distinta e tes que estar tódolos días entrando nelas pa saber se che mandan algo ou non. Outro problema foi que non tiña moita idea de como funcionaban esas plataformas e como se había que crear un usuario. Menos mal que apuntei os contrasinais nun papel senon toleaba!

 

Tamén saturada de wasaps dos compañeiros, amigos, familia, con vídeos, audios, videochamadas,  ao principio sí facíache gracia e ilusión, pero agora xa hai momentos en que silencio o móbil pois xa me pon dos nervios, e o peor de todo e cando o vas mirar e tes miles e miles de wasaps sen ler en centos de grupos!!!

 

Eu cría que estes días tería máis tempo libre, pero case que non. Paso máis tempo diante dun ordenador ca nunca. E moitas veces saturada porque teño demasiadas cousas que entregar nuns prazos.

Paula

Ola:

Decidinme a escribir esta carta para contar un pouco cales son as miñas emocións durante estes días de confinamento e  a emoción que máis abunda en min é a SATURACIÓN. Sí, moitas veces síntome saturado. Esta situación na que nos atopamos é totalmente nova non só na vida en sí senón tamén no que se refire ás clases, sensación de aburriento non é a que máis sinto, podo ter baixadas de ánimo pero aburrimento en sí non, dado que teño a sorte de vivir nunha aldea e podo facer cousas por fóra, ainda que meus pais seguen a traballar, meus avós están todo o día na casa e  por fóra coidando dos animais, preparando a terra para sementar e eu estou con eles, ás veces enredando máis que axudar… tamén teño dous canciños pequenos que só queren brincar e xogar e divirtome bastante con eles, despois tamén están as clases que é un pouco polo que me sinto saturado, xa que son bastantes asignaturas, moitas cousas que facer, estar pendente das distintas plataformas onde poñen as actividades, facelas a tempo para poder entregalas na data sinalada… isto a verdá é que me supón un pouco de “estrés” se se pode chamar así… tamén é todo mui distinto, non é o mesmo facer as actividades de forma virtual que ir ó colexio, non sei ben como explicalo, para min é moi distinto, será que non estaba preparado para todo isto,supoño que a medida que pasen os días ireime adaptando mellor. Eso sí, desexo con toda a miña alma que isto pase pronto e volver a normalidade o máis antes posible.

 

Moito ánimo!!

 

Luis Samuel

Adaptación

Que é?

Unha imaxe vale máis que mil palabras.

 

Observa o vídeo.

Isto é adaptarse! Está claro que tiñan ganas de seguir xogando ao tenis!!!.

 

Esa é a clave! Cando realmente queremos ou necesitamos algo, os humanos buscamos outras formas de conseguilo!

 

Adaptarse é sintoma de intelixencia emocional

Como recoñecela?

A capacidade de adaptarse implica poñer en práctica moita variedade de emocións, xa que esixe amoldarse a unha situación e saber sacarlle o máximo proveito. 

 

Estas son algunhas das que se poñen en marcha cando nos adaptamos, pero poderiamos engadir moitas máis!! Tantas  como a situación o requira!!

Motivación: querer é poder, e non conformarse é o primeiro paso para alcanzar algo novo.

Canalizar: Repartir axeitadamente as nosas enerxías e poñelas a traballar na dirección correcta, é síntoma de ser capaces de reenfocar unha situación e atopar novos "cauces"

Aceptación: Trátase de facer co que está ao noso alcance pero dándolle unha nova perspectiva. Lembra aceptarse e conformarse emocionalmente son moi diferentes.

Autoconfianza: Pensar que algo é posible é o primeiro paso para que o sexa. Iso non implica ausencia de erros ou equivocacions. 

Cooperacion: establecer alianzas con outros é a forma de construir eficazmente en mundos novos. Xa sabes, catro ollos ven máis ca dous!

Como xestionala?

A clave é ENTRENAMENTO, porque a adaptarse tamén se aprende.

Hai autores que incluso falan do AQ (coeficiente de adaptabilidade) pero posto que se trata dun constructo moi difícil de medir, o importante é potenciar a capacidade de adaptación aos cambios. Non perdas a curiosidade, flexibiliza opcións e potencia a túa creatividade!

As vosas aportacións

Samuel cóntanos por correo qué emoción desperta en el o vídeo das rapazas:

 

"Despois de ver o video das dúas rapazas que practican "tennis" dende as azoteas das súas respectivas vivendas, a sensación que me ven é a de SOLIDARIDADE, de dúas rapazas que se axudan mutuamente para seguir practicando o seu deporte."

Estamos dacordo contigo Samuel! Tamén podemos advertir no video a AXUDA mutua entre as rapazas, co fin de acadar un obxectivo común.

Grazas pola túa aportación! Axúdanos a comprender mellor que ADAPTARSE implica que se poñan en práctica unha gran variedade de emocions positivas.

Alivio

Que son? Como recoñecelas?

Con esta carta que enviou Samuel explícase perfectamente cómo son estas emocións, como recoñecelas e incluso por qué é posible e natural sentir ambas á vez. 

Temor

máscara-del-carnaval-de-la-alegría-y-de-

Ola!

 

 

 

Despois de todos estes días de confinamento, sinto unha sensación de alivio ó  empezar a poder sair… Refirome sair, cando falo de sair fóra a outros sitios que non sexa andar orredor da casa e pola finca, poder ir ver a familiares, amigos, ou que eles podan vir vernos, podemos facer máis actividades das que se podían facer ata agora.

 

Por outra parte tamén sinto temor, temor a que todo isto que agora parece que vamos indo hacía a normalidade retroceda e volvamos ter que recluirnos nas nosas casas, teño temor a esta nova enfermidade, a que a podan coller meus pais, meus avós… Cando me poño a pensar en todo iso poñome bastante nervioso, así que, máis que alivio sinto temor a que todo isto vaia demasiado deprisa e todo o sacrificio que fixemos non sirva de nada.

Esperemos que isto vaia a mellor e pronto volvamos a vivir na normalidade, seguro que non será a normalidade que coñecíamos pero será unha nova a que nos teremos que ir acostumando.

 

Saúdos e moito ánimo!!

 

Luis Samuel

Calisueñagramas

1 Aislamiento

3

Dificultades

5

Coraje

2

Aprensión

4

Tardanza

=

Aprendizaje

Calisueñagramas é unha iniciativa do Instituto Cervantes.

Trátase de  RECONSTRUÍR palabras que hoxe nos rodean e nos causan desacougo, e transformalas en termos positivos e de carácter optimista.

Samuel elaborou para este Emocionario de Confinamento estes dous Calisueñagramas cos que nos aproxima á solidariedade e ao amor.

1

Soledad

3

Datos

5

Humildad

2

Incivilizados

4

Morir

=

Solidaridad

A palabra que eu escollín para formar foi "Solidaridad", é unha palabra que o seu significado me gusta moito porque penso que é o que se necesita deixarse de tanta competividad e ser máis solidarios os uns cos outros,ser máis humanos ternos máis amor, nestes tempos no que nos encontramos parece que hai máis solidaridade pero creo que aínda fai falta máis.

Por iso envío ademáis da palabra solidaridad tamén a palabra "amor".

Samuel.

1 Amistad

3

Coronavirus

=

Amor

2

Alumnos

4

Valor

© 2023 by Black Barby. Proudly created with Wix.com

bottom of page