top of page

Obradoiro de Educación Emocional

2ºESO

Unha chea de emocións!

Preparadas/os para a acción?

 

Entre todas e todos construiremos semanalmente un Emocionario de Confinamento.

Compartiremos nesta páxina as emocións, novidades e incertidumes que nos xenera esta situación nova para todas/os.

Comezamos!

Multitud con máscaras
tipi

Actividade 1

Paso 1: Mira o seguinte vídeo

Aplausos solidarios: Unión fronte á incertidume.

 

Este video, exemplo do que vivimos estos días, ensínanos que somos quen de unirnos fronte á adversidade e compartir emocións positivas en momentos de incertidume.

Paso 2: Escolle unha actividade do cadro de abaixo e envía a noavarelapas@gmail.com 

Paso 3: Ao longo desta semana subirei as vosas propostas a esta páxina e, ao tempo que compartimos as nosas emocións, iremos construíndo un Emocionario de Confinamento que comentaremos xuntas/os coa volta á normalidade.

Paso 4: entra na páxina a próxima semana (mércores 1 de abril) e descubre que teñen para compartir contigo as túas compañeras e compañeros

Lápiz

Agora ti!

1

sube un vídeo

Seguro que ti tamén tes no teu móbil un video onde se aprecia a solidariedade da xente nestes días, a importancia de unirse fronte á incertidume, ou do sentido do humor en momentos difíciles. Comparteo!

2

cóntanos 

como o vives

Brevemente, a modo de "tuit" escribe como o levas. Ti podes desfogar un poco, e s estamos deseando lerte. As túas palabras axudarannossobrelevar isto ou rir un poco!

comparte algo que antes 

compartiran

 contigo

Seguro que recibiches un video, unha foto, un meme... que te subíu os ánimos ou que simplemente te axudou a pasar un bo rato e esquecer a incerteza. Comparteo!

4

sube un audio

Se o teu é o vivo e o directo, lánzate e comparte as túas emocións a viva voz!

Actividade 2

Paso 1: Le este parágrafo

MEDO: sentimos medo cando nos invade unha sensación desagradable ou/e angustiosa, provocada pola presenza dun perigo real ou imaxinario.

É unha emoción básica, o que implica que é compartida por diferentes culturas. incluso polos animais. Cumpre unha función primaria que é a de advertir do perigo e alonxarse de aquelo que produce medo. Pero lembrade que o medo non distingue entre realidade e fición, o que quere dicir que a apreciación subxectiva aumentará ou disminuirá o seu peso. Boas novas! Iso significa que se pode manexar!!!!

E como se combate???

Unha das mellores armas é o sentido do humor

Bótalle unha ollada ao Emocionario de Confinamento e verás as aportacións da túa clase

miedo-al-coronavirus-080138.jpg

Agora ti!

Paso 2: Escolle unha actividade do cadro de abaixo e envía a noavarelapas@gmail.com 

Paso 3: Ao longo desta semana subirei as vosas propostas a esta páxina e, ao tempo que compartimos as nosas emocións, iremos construíndo un Emocionario de Confinamento que comentaremos xuntas/os coa volta á normalidade.

Paso 4: entra na páxina durante as vacacións ou ao regreso (ata o 15 de Abril) e descubre que teñen para compartir contigo as túas compañeiras e compañeiros

1

sube un vídeo

Pode ser teu ou un que te fixera gracia.  O que nos interesa aquí e agora, é que se mofe un pouco de toda esta historia do coronavirus! Que nos ten fartos!!

2

cóntanos 

como o vives

Brevemente, a modo de "tuit" escribe con sentido do humor algo sobre as novas rutinas na túa casa, ou as de algún veciño, anécdotas curiosas da túa vila... 

comparte algo que antes 

compartiran

 contigo

Seguro que recibiches unha foto, un meme, un vídeo ... que activou o teu medo. Pode ser algo positivo porque te fixo comportarte con prudencia, ou ao contrario... excesivo porque provocou demasiado temor sen aportar máis nada. Comparteo e danos a túa opinión,

4

sube un audio

Se o teu é o vivo e o directo,  xa sabes, lánzate e comparte as túas emocións a viva voz!

Emoción desta semana:

ilusión

noteconozcopero.jpg

Actividade 3

Paso 1: Mira a seguinte web de instagram:  "noteconozcopero"

Trátase da iniciativa dun grupo de profesionais sanitarios que queren combatir o illamento das persoas que están a pasar o coronavirus. A intención é xerar un impacto social pero tamén axudar a todas estas persoas a non perder a ilusion e facer que se sintan queridas e acompañadas.

Ilusión: é a esperanza, con ou sen un fundamento real, de lograr ou que suceda aquilo que desexamos. Vincúlase ao sentimento de alegría ou satisfacción que produce pensar positivamente nun tempo futuro.

Agora ti!

Paso 2: Escolle unha das dúas actividades do cadro de abaixo e envía a noavarelapas@gmail.com 

Paso 3: Ao longo desta semana subirei as vosas propostas a esta páxina e, ao tempo que compartimos as nosas emocións, iremos construíndo un Emocionario de Confinamento que comentaremos xuntas/os coa volta á normalidade.

Paso 4: entra na páxina a partir do mércores 22 de Abril e descobre que teñen para compartir contigo as túas compañeiras e compañeiros. Unha vez que teñamos todos os vosos audios ou cartas, enviareinos á web "noteconozcopero" en nome do centro.

1

sube un audio

lembra facer unha pequena presentación (quen es, idade, onde vives...) se coidadosa/o coas túas palabras, transmitindo unha mensaxe xeral de ánimo que teña en conta diferentes situacións posibles (idade, gravidade da situación...)

2

Escribe unha carta

Segue as mesmas indicacions que para o audio, e trata de facerlle sentir ben e forte. Transmite unha mensaxe positiva sen dar falsas esperanzas 

Emocións desta semana:

Desta vez tócavos escoller!!

Aburrimento ou Saturacion?

1 Aburrimento

O tempo pasa lentamente estes días para ti? Das voltas pola casa sen saber xa que facer? Tes a sensacion de que non hai nada interesante que  facer ou de que xa o fiches todo?

Esta é a túa emocion da semana.

Cóntanos a través de un audio ou unha carta como o levas

2

Saturación

Estás saturado/a de traballo, tarefas, wasaps, videos, audios, videochamadas coa familia e os amigos? Sintes que isto de estar confinado e ter tempo para todo volveuse un non ter tempo para o realmente importante?

Si é así, esta é a túa emoción da semana. Cóntanos a través de un audio ou dunha carta como o levas.

Actividade 4

Escolle unha das emocións que sentiras con máis intensidade durante estes días de confinamento e cóntanos como as vives: 

Aburrimento ou Saturación ?

Emocións desta semana:

Sabemos que todo o que facemos, pensamos e dicimos esconde no interior unha emoción que  o alimenta. E tamén temos falado do importante que é saber recoñecelas en nós e nos outros.

Esta semana atrévete a poñerlles nome!!

.......................?

Actividade 5

Visiona este vídeo e comparte con nós cal é para ti a emoción que agocha.

Lembra que cada un de nós   pode "nombrar" de diferentes formas esa emoción, o importante é que captar a súa esencia

Emoción desta semana:

Sorpresa

Actividade 6

Visiona a curtametraxe e pensa cal foi o "regalo" que che fixo este confinamento. De cada situacóin podemos aprender algo, e iso xa é un regalo. 

Pénsao, e desta volta non é  preciso que o compartas, os regalos máis especiais non sempre poden ser aireados aos catro ventos!

O verdadeiramente importante é que o saibas ti!!!

Emoción desta semana:

Alivio ou Temor?

Se cadra estás empezando a sentir Alivio e esperanza nesta fase I da desescalada. Sénteste ilusionada/o ante a idea de recuperar certa normalidade, voltar a ver a familiares e amigos e poder realizar máis saídas.

 

Tamén é posible que a pesar de todo sintas Temor: a sensación de alivio inmediato non é suficiente para enfrontar a incertidume da "nova realidade" e te sintes abrumada/o polo que está por vir e polos cambios que podería implicar.

 

Estás a sentir as dúas cousas á vez??? Non te preocupes, tamén é completamente normal! Xa sabes que as emocións son complexas e gustan de ter entre sí vínculos tamén complexos!!

alivio.jpg

Actividade 7

Cóntanos a través dunha carta ou de un audio cal é a túa emoción máis predominante das dúas esta semana, ou se estás a vivir ambas á vez.

O que ti nos contes axudará despois a explicar e entender mellor estas dúas emocións, e incluso como é que se poden dar as dúas á vez e non estar loca/o!!!!!

Lembra enviar a túa aportación a noavarelapas@gmail.com 

miedo.jpg

Emoción desta semana:

Reconstrución

cabecera-calisueñagrama-opeb2qtieign52q

Actividade 8

Paso 1: O instituto Cervantes puxo en marcha unha fermosa iniciativa chamada calisueñagramas.

Podes ver a noticia de RTVE facendo clic na imaxe, e coñecer en qué consiste. 

calma.jpg

Paso 2: inspírate !!!

Tras esta imaxe atoparás centos de calisueñagramas cos que os diferentes participantes RECONSTRUÍRON esas palabras que hoxe nos rodean e nos causan desacougo, transformándoas en termos positivos e de carácter optimista.

 

Paso 3: Crea

Este xogo de deconstrución colaborativa permite imaxinar un futuro máis deseable sen negar  a realidade e sentimentos do presente.

Paso 4: Comparte

En galego ou en castelán. Na nosa web (noavarelapas@gmail.com)ou na do instituto Cervantes. O importante é CREAR.

 

Aquí vos deixo a miña proposta. Agardo que vos inspire!

1 Aislamiento

4

Tardanza

2

Aprensión

5

Coraje

3

Dificultades

=

Aprendizaje

Emoción desta semana:

Autocoñecemento

Actividade 9

Visiona esta curta.  

Reflexiona sobre que é o que para ti aporta cor a esta vida.

Aquilo que da luz ás nosas vidas é o verdadeiramente importante.

Emoción desta semana:

Compartir

Actividade 10

Visiona esta curta.  

Reflexiona sobre a importancia de compartir emocions positivas.

Pensas que as emocións "se contaxian"?

Emoción desta semana:

Compartir

Actividade 11

Visiona esta curta.  

Reflexiona sobre a importancia de compartir emocions positivas.

Pensas que as emocións "se contaxian"?

© 2023 by Black Barby. Proudly created with Wix.com

bottom of page